Actualidad

Uns segundos de Telexornal

O 7 de setembro, á vez que a Consellería asinaba os seus convenios de colaboración coas asociacións de cooperativas, os periodistas da TVG quixeron recoller imaxes e comentarios dalgunha cooperativa. E como Cidadania estaba moi a man, aquí nos sacaron uns segundiños. Vídeo da nova na TVG

Publicación sobre Democracia Participativa

Cidadania é parte do conxunto de autoras e autores que sistematizan as súas experiencias en procesos de democracia participativa, e que conforman a publicación 'Democracias participativas y desarrollo local', editada pola Deputación de Málaga. Cidadania é responsable do artigo 'Cooperativismo e economía social: experiencias para o desenvolvemento local'.…

e-cidadania en Lleida

Cidadania vén de presentar na Conferencia Internacional sobre Participación e novas tecnoloxías, a ferramenta e-cidadania. A Conferencia, organizada polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa, foi lugar de encontro de diferentes experiencias de participación e diferentes ferramentas TIC ao servizo da mesma. Establecimos contacto con diferentes…

Estudo I+D+i en Cooperativas Galegas

Cidadania vén de publicar un estudo realizado en colaboración coa cooperativa Intergal, a Federación de Cooperativas Sinerxia e a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA sobre o grao de implantación das novas tecnoloxías nas cooperativas galegas. A edición conta co apoio da Xunta de Galicia. Podes acceder ao pdf aquí: http://cidadania.blogaliza.org/files/2011/03/EstadoI+D+iSectorCooperativoGalego.pdf