Cidadania, boa práctica de software libre

Cidadania vén de participar o pasado 31 de maio na xornada de Boas Prácticas organizada polo Centro Demostrador TIC. Acompañada de TEGNIX, Cidadania presentou o proceso de migración a software libre que iniciou de forma pioneira en 2005.

Existe unha liña común entre os principios cooperativos e os do software libre, que animou no seu día a Cidadania a mudar as aplicacións que necesitaba para o desenvolvemento do seu traballo por outras non privativas.

O resultado foi e segue a ser moi satisfatorio e supuxo un salto cualitativo para Cidadania no aproveitamento das ferramentas TIC.