Actualidad

Conta oficial de cidadania en GitHub

Dende fai un mes, cidadania ten conta propia en GitHub, a forxa de desenvolvemento basada en GIT de uso libre. Todo o código que desenvolvamos estará dispoñible ahí para todo o mundo. Podedes visitalo en: http://github.com/cidadania Recordade que se queredes colaborar no desenvolvemento de e-cidadania podedes facelo dende: http://dev.ecidadania.org

Uns segundos de Telexornal

O 7 de setembro, á vez que a Consellería asinaba os seus convenios de colaboración coas asociacións de cooperativas, os periodistas da TVG quixeron recoller imaxes e comentarios dalgunha cooperativa. E como Cidadania estaba moi a man, aquí nos sacaron uns segundiños. Vídeo da nova na TVG

Publicación sobre Democracia Participativa

Cidadania é parte do conxunto de autoras e autores que sistematizan as súas experiencias en procesos de democracia participativa, e que conforman a publicación 'Democracias participativas y desarrollo local', editada pola Deputación de Málaga. Cidadania é responsable do artigo 'Cooperativismo e economía social: experiencias para o desenvolvemento local'.…

e-cidadania en Lleida

Cidadania vén de presentar na Conferencia Internacional sobre Participación e novas tecnoloxías, a ferramenta e-cidadania. A Conferencia, organizada polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa, foi lugar de encontro de diferentes experiencias de participación e diferentes ferramentas TIC ao servizo da mesma. Establecimos contacto con diferentes…