As Fragas Artesás
Cidadania participará na realización do proxecto de sensibilización ambiental a través das actividades artesanais no Eume. Un proxecto que enlaza os recursos naturais coas actividades artesanais e a oferta turística. Para a realización do proceso cóntase coa colaboración da entidade asociativa Artesáns do Eume, que agrupa a un conxunto de artesáns e artesás de diferentes concellos da zona do Eume.
A presente proposta técnica é promovida polo Concello de As Pontes e encádrase dentro das axudas que a Xunta de Galicia ten en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos naturais protexidos.