Entradas de] armando.broz

Asistimos ao II Encontro da Red de Innovación en Procesos Participativos (RIEPP)

Cidadania viaxou ata Valencia ao II Encontro da Red de Innovación en Procesos Participativos (RIEPP) un espazo de traballo e encontro de entidades e colectivos de profesionais, para intercambiar ideas, proxectos e experiencias sobre los procesos participativos. Participamos máis de 70 persoas procedentes de distintas comunidades autónomas e con perfís diversos (ámbito académico, administracións, profesionais, […]

Aberto o prazo para os Premios á Cooperación 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de publicar as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2023, podes consultalas neste enlace. Estes premios outórganse anualmente para fomentar e difundir o cooperativismo e a economía social, afondando nos seus principios e valores. Como cada ano, as cooperativas poden participar en tres categorías: Premio aos […]

Xornadas provinciais de impulso ás Mesas de coordinación contra a violencia machista

A Secretaría Xeral da Igualdade desenvolve dende o ano 2018 distintas iniciativas para impulsar a coordinación inter – institucional entre axentes que interveñen en procesos de violencia de xénero. A finais do ano 2022, dende Cidadania apoiamos na organización de catro xornadas provinciais, nas que participaron arredor de 90 profesionais de perfil técnico e político. […]

En compañía, chegamos moito máis lonxe.

A intercooperación é un dos valores cooperativos que implican tecer rede entre persoas e entidades afíns. Como din os nosos benqueridos Ana Lorenzo Vila e Antón Insua López, intercooperar é reinventar a economía. Compartimos este vídeo de Coop57 Galicia no que coñecemos distintos proxectos que poñen en valor a importancia da intercooperación entre cooperativas. 👇👇👇

Suma con Coop57

Cidadania sumámonos ao reto de Coop57! Para seguir dando impulso a proxectos únicos, necesarios e transformadores, Coop57 pon en marcha esta campaña co obxectivo de equilibrar o crecemento dos recursos económicos. O gran reto consiste en que as persoas e entidades que xa somos socias aumentemos os nosos aforros con Coop57 e, tamén, apoiar a […]

Diversiplás: + diverso – plástico

Na Costa da Morte sitúase un proxecto que da unha segunda vida aos plásticos: Diversiplás + diverso – plástico. Esta iniciativa, coordinada pola Asociación Íntegro e financiada polo GALP Costa da Morte, teceu unha rede de entidades colaboradoras entre entidades do sector pesqueiro (confrarías, agrupacións de marisqueo a pé e asociacións de redeiras), e aos […]

#BurelaIN, un proxecto pola economía circular na Mariña

Esta semana presentáronse os resultados do proxecto #BurelaIN, unha iniciativa promovida polo Concello de Burela a raíz do proxecto Tanza. Neste territorio, as entidades de inclusión social, o sector pesqueiro, e asociacións ambientais uniron as súas forzas para desenvolver distintas actividades ao longo do 2021 e o 2022. Entre as actividades principais destacaron os obradoiros […]

Acompañamos aos GALP na elaboración das estratexias de desenvolvemento local participativo

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro galegos atópanse no proceso de elaboración das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo para o período de programación 2023-2027 do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA). Durante o verán levaranse a cabo encontros presenciais e virtuais, nos que se perfilará unha diagnose sobre as necesidades […]

Celebramos o IV Encontro de O Globo

A semana pasada tivo lugar o IV Encontro do Globo, unha iniciativa promovida por Solidariedade Internacional de Galicia. O Globo é unha ferramenta para a promoción da cidadanía global, que promove e recolle experiencias de transformación social. O Encontro tivo lugar en Santiago de Compostela, e contou coa participación de arredor de 100 persoas, que […]