Entradas de] armando.broz

A Indicación Xeográfica Protexida continúa impulsando os viños e o enoturismo en Galicia

Este proxecto de cooperación promovido polos GDRs galegos, continúa o seu desenvolvemento apoiando e promovendo a calidade e identidade dos viños galegos. Neste momento estanse a celebrar as actividades de dinamización denominadas túneles do viño, onde se establece un espazo de conversa entre as institucións, as adegas e os GDRs, que impulsan conxuntamente, a través […]

Acompañamos ao Centro de Investigacións Mariñas na promoción da igualdade

O 17 de marzo tivo lugar, na Universidade de Vigo, unha xornada organizada pola comisión de igualdade do Centro de Investigacións Mariñas, na que abordar a promoción da igualdade na ciencia. A xornada arrancaba coa poñencia de Capitolina Díaz, catedrática de Socioloxía, especializada en Socioloxía da Educación e Socioloxía do Xénero, que enmarcou a promoción […]

Obradoiros de igualdade no IES Cacheiras

Este mes achegámonos ao IES Cacheiras, xunto co CIM de Teo, para poder reflexionar coa rapazada sobre aspectos relacionados coa igualdade de xénero. A través de obradoiros nas aulas, analizamos como pensamos que eran as mulleres e os homes hai un tempo, e como nos percibimos na actualidade, para debater e reflexionar sobre aqueles cambios […]

Ponse en marcha a Aula Sostible do Freixo

Este proxecto nace da colaboración entre a Asociación de Mulleres do sector pesqueiro de Muros – Noia con distintas asociacións de inclusión social (ADISBISMUR, A Creba e Asociación Misela), a raíz do traballo promovido polo proxecto Tanza. A Aula Sostible do Freixo consiste no acondicionamento e dotación dun obradoiro de transformación de plástico na parroquia […]

Dinamización e posta en marcha das Mesas Locais de coordinación contra a violencia de xénero

En colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, estamos realizando un acompañamento a distintos concellos galegos que queren poñer en marcha ou dinamizar as Mesas Locais de coordinación inter – institucional contra a violencia de xénero. Este espazo formativo ten como obxectivo impulsar a posta en marcha deste traballo grupal, e reforzar a participación dos e […]

Bitácoras do Mar: proxectos de economía azul no sector pesqueiro

O proxecto Bitácoras do mar é promovido en cooperación entre 5 Grupos de Acción Local de desenvolvemento Pesqueiro galegos, e pretende resaltar aqueles proxectos de cada zona costeira que impulsaron iniciativas ligadas á economía azul, o desenvolvemento sustentable e o reforzo da cohesión social dos territorios. O proxecto parte da participación activa do sector pesqueiro […]

Bono Consolida

Este ano foinos concedida unha axuda do Bono Consolida Economía Social. Dita axuda está destinada á adquisición de equipamento informático. Dita axuda foi concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal.

III Encontro anual do Globo

O Globo é un proxecto promovido pola ONGd Solidariedade Internacional de Galicia, con quen colaboramos dende os inicios desta iniciativa colectiva, que ten como obxectivo promover a educación para a cidadanía global. Anualmente celebramos un encontro, no que poñemos en común as micro – experiencias de transformación social promovidas, e fomentamos a xeración de redes […]

O impulso dos viños e o enoturismo a través das IXP de Galicia

Grupos de Desenvolvemento Rural cooperan no proxecto «Dinamización e promoción das IXP de Viños de Galicia» para favorecer a comunicación e cooperación entre adegueiros, poñendo en valor a calidade dos seus viños, así como os recursos patrimoniais, paisaxísticos e gastronómicos das súas comarcas para situalas como destinos enoturísticos privilexiados, contribuíndo ao desenvolvemento da economía local […]