DIAGNOSE COMUNITARIA DE TEIS
O Plan Comunitario de Teis vén de Publicar os resultados da Diagnose Comunitaria realizada durante os anos 2009 e 2010, na que tivo a oportunidade de colaborar Cidadania.
O elemento diferenciador deste estudo é o seu carácter participativo e activo, sendo un exemplo de aplicación da metodoloxía do desenvolvemento comunitario e da investigación-acción-participativa.
Pilotado polo propio Plan Comunitario, que aglutina ás asociacións e colectivos do barrio así como a oficinas públicas como a de servizos sociais, centros de ensino, etc., identificou aos colectivos menos vertebrados ata o momento, incorporándoos ao traballo cotía do Plan: inmigración, xuventude e étnias minorizadas.
Identificou as principais problemáticas do barrio e organizou diversos foros de participación para a proposta de programas e solucións.
A diagnose foi presentada o pasado mes de decembro no auditorio de Teis.