Estudo Xénero e investigación científica na Universidade de Vigo en tempos de COVID-19

En colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Cidadania participou nesta investigación co obxectivo de coñecer o impacto que está a ter a actual situación sanitaria nas carreiras profesionais do Persoal Docente e Investigador (PDI) da Universidade de Vigo. Unha diagnose na que se constata a diminución da actividade investigadora entre as mulleres académicas evidenciando un escenario de desigualdades e acentuando aínda máis a brecha de xénero.
Neste enlace podes acceder á información do estudo e ao documento que se acaba de publicar.