Rias sostibles: boas prácticas no sector pesqueiro para o coidado do medio mariño e a redución do lixo

Hoxe compartimos con vos o proxecto Rías Sostibles, que se está a desenvolver na ría de Muros – Noia dende hai uns meses.

O seu obxectivo principal é consolidar prácticas profesionais sostibles na actividade pesqueira para a eliminación do lixo mariño e a valorización do produto pesqueiro.

Para isto, tentamos, dende Cidadanía, reforzar a colaboración entre o sector pesqueiro e entidades ecoloxistas. Desta maneira, fomentamos a concienciación e sensibilización para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños.

O proxecto consta de dúas partes principais: a formación ás persoas do sector pesqueiro para a súa sensibilización ambiental e a identificación de prácticas sostibles no desenvolvemento do seu traballo; e a elaboración conxunta dun protocolo de boas prácticas ambientais. Podedes coñecer mais en profundidade o proxecto visualizando o seguinte vídeo.