Solidariedade Internacional por unha participación transformadora

Durante este ano 2018, Cidadanía vén traballando coa ONGD Solidariedade Internacional de Galicia no proxecto Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, dentro do marco do Proxecto Horizonte 2030. Este ano desenvolveuse unha primeira fase do proxecto, centrada na formación en participación.

Fixemos 4 xornadas de formación e ordenamos os materiais empregados en catro guías didácticas, para facilitar que o aprendido poida ser trasladado ao alumnado dos centros de secundaria. Foi unha experiencias moi ilusionante!

Por sorte, aínda non rematou: seguiremos traballando na elaboración de dúas novas guías dentro desta mesma liña.