Vidas mariñeiras

Sete curtas documentais conforman xa a filmografía do programa Vidas mariñeiras.

Elaboradas en 2017 e 2018 por alumnado de secundaria e bacharelato de centros públicos de Pontedeume, Fene, Ares, Ferrol, Burela e Foz, dannos unha visión da vida e o traballo no mar, poñendo en valor o extenso patrimonio e promovendo o respecto do medioambiente mariño e costeiro

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro do Golfo Ártabro Norte e da Mariña-Ortegal promoven esta iniciativa, financiada a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Convidámosvos a unha sesión de cine que vos conmoverá, como a nós: http://www.vidasmarineiras.gal/peliculas