Actualidad

Atadeiras | A gobernanza das redeiras da Guarda
A Asociación Atalaia de redeiras do Baixo Miño promove o proxecto Atadeiras, arredor do reforzo da gobernanza da entidade. A través de distintas actividades, acompañamos ás redeiras na súa traxectoria asociativa.

Conclúe Miranda, un futuro cara o mar en Cariño
Redeiras e mariscadoras de Cariño poñen en valor os seus oficios tradicionais e artesás, difundindo os traballos do mar entre a veciñanza.

Ondas Limpas: coidado medioambiental en Burela
Ondas Limpas é un programa de formación - acción desenvolto polo Concello de Burela arredor da mellora medioambiental da contorna da Marosa a través de actividades de lecer, artísticas e deportivas, que contou co impulso do Burela Surf Club.

Bono Consolida
Este ano foinos concedida unha axuda do Bono Consolida Economía Social. Dita axuda está destinada á adquisición de equipamento informático, e foi concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal.