Preséntase a diagnose da fenda salarial na USC
A Oficina de Igualdade de Xénero da USC ten como misión facer efectivo o compromiso da Universidade coa sociedade na consecución da igualdade real entre homes e mulleres. A elaboración da Diagnose sobre a Fenda Salarial na Universidade xirou entorno á análise de datos cuantitativos e os atrancos na carreira das profesoras e investigadoras da USC.