Entradas de] armando.broz

Bono Consolida

Este ano foinos concedida unha axuda do Bono Consolida Economía Social. Dita axuda está destinada á adquisición de equipamento informático, e foi concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Nós temos formación en igualdade!

O equipo de Cidadania S. Coop. galega participa da formación «Novas leis para atallar as violencias machistas: medidas normativas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero» impartida no marco do Itinerario virtual de xénero (Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo).

Surfeando Ondas Limpas en Burela

Ondas limpas é un programa de formación – acción desenvolto polo Concello de Burela arredor da mellora medioambiental da contorna da Marosa a través de actividades de lecer, artísticas e deportivas.