Nós temos formación en igualdade!
Un ano máis, o equipo de Cidadania S. Coop. galega participamos da formación organizada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a través do Itinerario Virtual de Xénero. Este programa formativo, que xa vai pola súa 12 edición, ofrece á comunidade universitaria e outras persoas con interese en formarse ou actualizarse nun abano de temáticas ben diversas para afondar no coñecemento e práctica da igualdade e loita contra a violencia de xénero.
As temáticas que se abordan abranguen dende aspectos introdutorios (perspectiva de xénero, economía, comunicación, educación, etc), ata cuentións englobadas na educación sexo-afectiva; ciencia, tecnoloxía e xénero; políticas de igualdade, e novas reflexións sobre o sexo/xénero.
Nesta edición, destacamos o curso «Novas leis para atallar as violencias machistas: medidas normativas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero», impartido por Marta García Mosquera, profesora titular de Dereito Penal da facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Cursar esta formación permitiunos refrescar normas xurídicas en relación á loita contra as violencias machistas, e ampliar os nosos coñecementos sobre actualizacións no ámbito xudicial, que mellorarán o noso quefacer profesional.
Así mesmo, recomendamos o Boletín de Igualdade, elaborado mensualmente pola Unidade de Igualdade e que sempre nos mantén informadas e onde atopamos recursos, persoas e novidades de interese. Compartimos a insignia de formación en igualdade: