Formación en participación cidadá dirixida a grupos políticos e persoal técnico. Concello de Narón.

O pasado venres 23 de xaneiro celebrouse a primeira das tres sesións formativas que se van desenvolver dentro do programa formativo dirixido a responsables políticos e persoal técnico. O programa forma parte das diferentes actuacións recollidas dentro do proxecto de participación cidadá do Concello de Narón.

Comezou así unha nova fase de traballo iniciada no 2012 e dirixida a fortalecer e xerar novos espazos para a participación da cidadanía na mellora organizativa a nivel municipal. Ao tempo, preténdese contribuír ao afondamento nos procesos de participación que desde o ámbito local ofrece a Administración para a mellora da súa xestión. Esta actividade desenvólvese dentro do proxecto Escola de Participación. Para máis información podedes consultar o seguinte enlace: http://www.concellodenaron.com/web/cat/web/cat/gal/escola-participacion-cidada