Entradas de] Ana Lorenzo Vila

Cidadania, boa práctica de software libre

Cidadania vén de participar o pasado 31 de maio na xornada de Boas Prácticas organizada polo Centro Demostrador TIC. Acompañada de TEGNIX, Cidadania presentou o proceso de migración a software libre que iniciou de forma pioneira en 2005. Existe unha liña común entre os principios cooperativos e os do software libre, que animou no seu […]

e-cidadania en Axenda Dixital

No mes de maio Cidadania inicia os traballos de titorización de estudantes do Google Summer of Code, para o apoio ao desenvolvemento da ferramenta de participación cidadá e-cidadania. O programa da TVG Axenda Dixital faise eco desta iniciativa. Podedes velo aquí: http://www.youtube.com/watch?v=zxkbOaJRTok

Tecnicas participativas de dinamización no ambito agroforestal

Dous dos nosos colaboradores impartirán o curso “Técnicas participativas de dinamización no ámbito agroforestal” o 10 de Novembro en Tambre. O obxectivo e coñecer unha metodoloxía participativa, adaptada os GDRs e o escenario no que operan, orientada a promoción de iniciativas de agrupación e/ou cooperación entre as xentes do ámbito forestal. dipticoV2

As Fragas Artesás

Cidadania participará na realización do proxecto de sensibilización ambiental a través das actividades artesanais no Eume. Un proxecto que enlaza os recursos naturais coas actividades artesanais e a oferta turística. Para a realización do proceso cóntase coa colaboración da entidade asociativa Artesáns do Eume, que agrupa a un conxunto de artesáns e artesás de diferentes […]

Conta oficial de cidadania en GitHub

Dende fai un mes, cidadania ten conta propia en GitHub, a forxa de desenvolvemento basada en GIT de uso libre. Todo o código que desenvolvamos estará dispoñible ahí para todo o mundo. Podedes visitalo en: http://github.com/cidadania Recordade que se queredes colaborar no desenvolvemento de e-cidadania podedes facelo dende: http://dev.ecidadania.org

Uns segundos de Telexornal

O 7 de setembro, á vez que a Consellería asinaba os seus convenios de colaboración coas asociacións de cooperativas, os periodistas da TVG quixeron recoller imaxes e comentarios dalgunha cooperativa. E como Cidadania estaba moi a man, aquí nos sacaron uns segundiños. Vídeo da nova na TVG