Entradas de] armando.broz

Os agasallos do Nadal, coa economía social

Dende Cidadanía queremos compartir esta campaña promovida por REAS, baseada nos principios da economía social: Solidariedade Consumo responsable Equidade Sostibilidade Cooperación Nestas datas de maior consumo, é importante continuar sendo coherentes cos valores que defendemos, e desfrutar destas datas promovendo un consumo responsable e, a poder ser, apoiando á economía social!

Presentamos as conclusións sobre a situación profesional das mulleres da Ría de Arousa

Mediante este proxecto promovido polo Grupo de acción local do sector pesqueiro da Ría de Arousa, pretendeuse poñer en valor a actividade profesional que realizan as mulleres do mar na Ría de Arousa, así como os avances conseguidos en materia de igualdade no sector. Mediante a recompilación e a análise de datos obtívose unha fotografía […]

Viveiro co-creador: creando comunidade en Barro – Meis

Ao longo do mes de outubro, Cidadanía coordinou un espazo de encontro e coñecemento entre as empresas que forman parte do Viveiro de Barro – Meis, impulsado dende a Deputación de Pontevedra. As persoas emprendedoras que teñen a súa actividade instalada no Viveiro reuníronse para identificar en grupo elementos e necesidades comúns, de cara a […]

«É colaboración todo o que o parece?» – Xornada Espazo Coop

EspazoCoop promove a celebración da xornada «Novas economías: é colaboración todo o que o parece?», que terá lugar o luns 28 de outubro en Vigo. Na xornada abordaranse novas formas de economía como a Economía do Ben Común, B-Corporations, Economía circular, da funcionalidade, feminista, positiva, procomún, colaborativa, social e solidaria; e diversidade de cores, entre […]

Escola de apoderamento de mulleres no rural

A cooperativa galega Arabías, en colaboración coa Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego e a Deputación da Coruña, acaban de poñer en marcha a segunda edición desta iniciativa, que persegue traballar coas mulleres participantes o asociacionismo, o recoñecemento da voz propia, e a dixitalización das mulleres do rural. Compartimos o seguinte vídeo, no que […]

Impúlsase nas rías de Arousa e Muros – Noia a dinamización do sector pesqueiro para fomentar proxectos innovadores relacionados co crecemento azul

Durante o mes de xullo Cidadanía mantivo as primeiras reunións e entrevistas con distintas persoas profesionais do mar, para presentar esta iniciativa promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. O Crecemento Azul entende o desenvolvemento local como un modelo baseado en estratexias de dinamización e cooperación entre axentes locais, que poñan en valor os recursos […]

Se aínda non atopastes lecturas para o verán…

Recentemente estivemos actualizando o apartado de publicacións da web de Cidadanía, compartindo materiais que estivemos a desenvolver nos últimos meses. Destacamos as Guías de participación cidadá, elaboradas para Solidariedade Internacional de Galicia, que achegan a cultura da participación á mocidade. Son unidades didácticas e dinámicas para levar á aula ou traballar nas propias organizacións, fortalecendo […]