Entradas de] armando.broz

A mostra do posible

Esta fin de semana celébrase en Cangas a Mostra do Posible, un encontro de entidades de economía solidaria e movementos sociais, mediante o que faise visible que existen alternativas para construír un mundo mais xusto. As empresas de economía solidaria buscan cooperar en lugar de competir, e os movementos sociais inflúen na toma de decisións […]

Axudas por incorporación de nova socia

Este ano foinos concedido unha axuda pola incorporación de Ana González García como nova socia de Cidadania. Dita axuda enmarcase dentro do programa APROL-Economía Social, que está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

O Ministerio de Igualdade publica os resultados da macroenquisa sobre violencia contra as mulleres

Esta enquisa, que se realiza aproximadamente cada 4 anos, permite coñecer a prevalencia da violencia exercida contra as mulleres polo feito de ser mulleres. Como novidades, nas entrevistas levadas a cabo ampliáronse os temas a explorar, adaptándose ás directrices do Convenio de Estambul e dando resposta a medidas contempladas no Pacto de Estado contra a […]

Desenvolvemos un curso sobre relevo xeracional na cooperativa de ensino EDES en Asturias

Ao longo do mes de xullo tivemos a oportunidade de levar a cabo unha formación de relevo xeracional na cooperativa de ensino para persoas con discapacidade EDES, que ademais son centro especial de emprego e fundación. Ante o reto de incorporar novas persoas socias á cooperativa, desenvolvemos esta formación nunha modalidade mixta, levando a cabo […]

A participación en tempos de distancia social

Dende Cidadanía queremos compartir as nosas reflexións sobre as posibilidades de adaptar os espazos de participación aos requerimentos de distanciamento e seguridade que impón a situación provocada pola COVID-19. Se ben a presencia física e as reunións cara a cara son o formato preferente sobre o que se constrúen os espazos de participación, esta nova […]

REAS RdR cumpre 25 anos e convida ás entidades da ESS a participar no Balance Social 2020

“Non aceptes o habitual como cousa natural. Porque en tempos de desorde, de confusión organizada, de humanidade deshumanizada, nada debe parecer natural. Nada debe parecer imposible de cambiar” Bertolt Brecht REAS Red de Redes leva 25 anos traballando baixo esta idea, construíndo un tecido de iniciativas que, dende a sostibilidade e a autoxestión, demostran a […]

En Solidariedade Internacional de Galicia están de estrea!

Neste post queremos compartir con vos a nova web que estrea o equipo de profesionais de Solidariedade Internacional de Galicia. Para visitala, premede neste enlace. O novo deseño da web pon de manifesto os valores que vertebran a organización, as súas ilusións, o seu compromiso e profesionalidade, e a súa historia. Ademais, comparten os proxectos […]

REAS lanza unha guía de Iniciativas de Economía Solidaria fronte ao COVID-19

REAS Red de redes lanza esta guía colaborativa e en construción para mapear propostas e iniciativas que se están a articular dende a Economía Solidaria e a cidadanía na situación provocada polo COVID-19. O obxectivo desta guía é o de poñer a disposición das persoas un instrumento colaborativo, vivo e creado de xeito participativo, que […]

Queres contribuír a xerar valor social en Galicia? Coñece Coop57!

Cando gardas o teu aforro en Coop57, os teus cartos poden iniciar diversos camiños pero sempre cun rumbo común: contribuír á transformación social positiva da nosa economía e da nosa sociedade. Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que apoia proxectos da economía social e solidaria, próximos, viables e democráticos, que coidan […]