Entradas de] armando.broz

Cidadanía traballa co GDR da Costa da Morte para impulsar a Marca do Territorio: Costa da Morte, terra atlántica

O GDR Costa da Morte está impulsando a creación dunha marca territorio que consolide e potencie a súa identidade, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo parámetros de calidade e valor diferencial. A Costa da Morte non son só faros (que tamén, e ben impresionantes), senón unha terra que produce, que […]

Un grupo de mulleres mariscadoras da Ría de Muros – Noia participan nun curso de formación dinamizado por Cidadanía

Cidadanía, en colaboración co GALP Costa Sostible, está a dinamizar un obradoiro de formación dirixido ás mulleres do mar, co obxectivo de reforzar as súas habilidades sociais e facer máis eficaces as súas asembleas e espazos de participación. A través de distintas actividades individuais e grupais, as mulleres participantes están traballando estratexias para mellorar e […]

Cidadanía traballa con AGACAL para definir as normas da artesanía alimentaria

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, AGACAL, está a desenvolver o proceso de definición das normas técnicas dos produtos alimentarios artesás. Para establecer estas normas, conta coa participación do sector, que traballa conxuntamente sobre as propostas técnicas, co obxecto de definir que se considera artesanía alimentaria en cada actividade: xeados, confeitería, conservas vexetais, sidra, requeixo, […]

Formacións cooperativas

Hai unhas semanas anunciabamos o comezo dos cursos de formación organizados por Espazocoop e impartidos por Cidadanía dirixidos a fortalecer a organización das entidades da economía social: asembleas e reunións e regulamento de réxime interno nas cooperativas. Ademais dos nosos propios materiais, que podedes consultar no apartado de publicacións da nosa web, prestaríanos compartir con […]

Menos es Max

No post desta semana gustaríanos facernos eco do xogo “Menos es Max”, que integra a reflexión, a investigación e a acción a través do seu taboleiro. Este xogo basease na economía do Ben Común, así como no libro de Manfred Max-Neef ‘Desarrollo a escala humana’, que podedes consultar neste enlace. O obxectivo do xogo é […]

I PLAN DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DE MOAÑA

Ao longo destes últimos meses estivemos apoiando o proceso participativo para deseñar, de xeito comunitario, o I Plan de Infancia e Adolescencia en Moaña. Este plan pretende definir e ordenar medidas que guíen as accións municipais en relación ás crianzas e adolescentes, para que Moaña consiga o recoñecemento, por parte de UNICEF, de Vila Amiga […]

A avaliación intermedia dos grupos de acción local do sector pesqueiro

Ao longo destes últimos meses, varios Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) están facendo a avaliación intermedia das súas estratexias, as cales teñen como obxectivo dinamizar o territorio a través das axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Os GALP son  entidades que colaboran na xestión deste Fondo coa Consellería do Mar […]

Mugarik Gabe: o cambio organizacional dende a perspectiva feminista

Nesta nova entrada do blog vos propoñemos, da man de Mugarik Gabe unha viaxe polo invisible. Esta viaxe convídanos a mudar os nosos espazos de traballo dende a perspectiva feminista. Deste xeito, reflexionando conxuntamente e poñendo a vida no centro das organizacións das que formamos parte, podemos transformar as nosas relacións, as nosas vidas e […]