Entradas de] armando.broz

I PLAN DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DE MOAÑA

Ao longo destes últimos meses estivemos apoiando o proceso participativo para deseñar, de xeito comunitario, o I Plan de Infancia e Adolescencia en Moaña. Este plan pretende definir e ordenar medidas que guíen as accións municipais en relación ás crianzas e adolescentes, para que Moaña consiga o recoñecemento, por parte de UNICEF, de Vila Amiga […]

A avaliación intermedia dos grupos de acción local do sector pesqueiro

Ao longo destes últimos meses, varios Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) están facendo a avaliación intermedia das súas estratexias, as cales teñen como obxectivo dinamizar o territorio a través das axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Os GALP son  entidades que colaboran na xestión deste Fondo coa Consellería do Mar […]

Mugarik Gabe: o cambio organizacional dende a perspectiva feminista

Nesta nova entrada do blog vos propoñemos, da man de Mugarik Gabe unha viaxe polo invisible. Esta viaxe convídanos a mudar os nosos espazos de traballo dende a perspectiva feminista. Deste xeito, reflexionando conxuntamente e poñendo a vida no centro das organizacións das que formamos parte, podemos transformar as nosas relacións, as nosas vidas e […]

Vidas mariñeiras

Sete curtas documentais conforman xa a filmografía do programa Vidas mariñeiras. Elaboradas en 2017 e 2018 por alumnado de secundaria e bacharelato de centros públicos de Pontedeume, Fene, Ares, Ferrol, Burela e Foz, dannos unha visión da vida e o traballo no mar, poñendo en valor o extenso patrimonio e promovendo o respecto do medioambiente […]

Solidariedade Internacional por unha participación transformadora

Durante este ano 2018, Cidadanía vén traballando coa ONGD Solidariedade Internacional de Galicia no proxecto Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, dentro do marco do Proxecto Horizonte 2030. Este ano desenvolveuse unha primeira fase do proxecto, centrada na formación en participación. Fixemos 4 xornadas de […]

Guía práctica para facilitar a participación cidadá

O Servizo de Atención e Participación Cidadá do Goberno de Navarra publicou unha serie de materiais para mostrar a participación como un instrumento fundamental de planificación e xestión. Unha delas é a «Guía práctica para facilitar a participación cidadá.   Unha selección de ferramentas presenciais e dixitais para o traballo colectivo», que recolle reflexións ao […]

Orzamentos participativos A Coruña

Durante o período que vai de abril a setembro estaremos coordinando o proceso de dinamización dos Orzamentos Participativos no concello da Coruña. Os Orzamentos Participativos son unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu Concello. A cidadanía […]

Proxecto Candieira. Comezan os programas de acompañamento

Candieira é un proxecto de cooperación entre diferentes Grupos de Acción Locais do Sector Pesqueiro (GALP) para  favorecer o emprendemento das mulleres nas zonas costeiras de Galicia que comezou en xuño de 2017. Cidadania forma parte do equipo técnico que leva adiante este proxecto. As áreas comprendidas abranguen os territorios dos GALP Ría de Vigo-A […]