Entradas de] armando.broz

Video de conclusións do Proxecto Symbios

O seguinte video é unha síntese dos resultados obtidos no transcurso do Proxecto Symbios, no cal Cidadania participou na coordinación técnica. Este proxecto európeo ten como finalidade avaliar o cambio demográfico en determinados territorios europeos como Galicia e as maneiras de abordalo.  

Metodoloxías nos procesos de participación cidadán

Continuamos coas nosas nostas sobre participación cidadá achegándovos certos aspectos metodolóxicos que convén ter en conta no deseño de procesos participativos. Tan importante como establecer os obxectivos, a planificación do propio proceso ou a súa estratexia de comunicación, son as ferramentas e metodoloxías de traballo sobre as que se vai artellar a experiencia. Tendo en […]

Cursos de asambleas e reunións

Cidadania está colaborando coa UCETAG na programación de actividades dentro da Rede Eusumo. Dentro desta programación intégrase un curso gratuíto para mellorar o funcionamento das asembleas e reunións. Este curso parte de sistematizar a nosa traxectoria de traballo con centros de ensino, cooperativas, asociacións e procesos de participación cidadá. Presenta ferramentas prácticas para facer as […]

Apuntes para desenvolver procesos de participación cidadá

A dinamización de procesos de participación cidadá, e a aplicación de metodoloxías participativas ligadas ao deseño de políticas públicas, constitúen unha das principais áreas de traballo de Cidadania. Falar de procesos de participación cidadá nas políticas públicas require de determinadas características que non sempre se dan en todas as prácticas autodenominadas participativas, polo que convén […]

Infancia e participación

A participación infantil ten como protagonistas a nenas e nenos na defensa dos seus intereses, preocupacións e desexos, naqueles temas que afectan ás súas condicións de vida individuais e colectivas. Con estas premisas son cada vez máis os proxectos nos que administracións e entidades sociais integran a perspectiva da infancia nas diferentes fases de planificación […]

Formación en participación cidadá dirixida a grupos políticos e persoal técnico. Concello de Narón.

O pasado venres 23 de xaneiro celebrouse a primeira das tres sesións formativas que se van desenvolver dentro do programa formativo dirixido a responsables políticos e persoal técnico. O programa forma parte das diferentes actuacións recollidas dentro do proxecto de participación cidadá do Concello de Narón. Comezou así unha nova fase de traballo iniciada no […]

Curso Experto Universitario en Xestión Cultural USC

O venres 17 de outubro impartimos a sesión sobre técnicas de investigación social no Curso Experto Universitario en Xestión Cultural organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. A sesión desenvolveuse con prácticas e dinámicas de participación activa e nela cuestionamos o concepto de necesidade, practicamos técnicas de análise cuantitativa e cualitativa, e experimentamos coa investigación […]

Cooperativismo: sustentabilidade e innovación social

Cidadania participou neste encontro cun relatorio sobre como por en marcha unha cooperativa de servizos sociais. O encontro, organizado pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social,  celebrouse o venres 4 de xullo no Centro Agora da Coruña e contou coa presenza de numerosas cooperativas deste ámbito como Suara, El Orrio, Trabensol, Fundación COCOPE, Taller […]