Entradas de] armando.broz

A cooperativa Cidadanía estrea web

Vén de poñerse en funcionamento cidadania.coop, a nova web da cooperativa Cidadanía, cun deseño mellorado e máis adaptado ás novas potencialidades da comunicación social con respecto á anterior web de 2010. A través dunha cabeceira principal pódese acceder ao todo o contido relativo á cooperativa, aos seus valores, áreas de traballo e biografías, redes, novas, […]

Reportaxe de Cidadania en Mellor Xuntos

Recentemente emitiuse no programa Mellor Xuntos da TVG unha reportaxe sobre varias cooperativas entre as que estaba Cidadania. Aínda que vos recomendamos ver o programa enteiro, podedes ver a nosa reportaxe a partir de 14:11. Para ver o programa: Premer aquí

Participación no II Congreso de Economía Social e Solidaria

Entre o 10 e 12 de novembro imos estar presentes no II Congreso de Economía Social e Solidaria que vai ter lugar en Bilbao. En concreto, estamos colaborando na organización do Eixo 3: Desbordando potencias e límites. O tecido produtivo da Economía Social e Solidaria experimentou un gran desenvolvemento nos últimos anos. É necesario dar […]

Promover a economía social e solidaria.

A finais do ano pasado, Cidadanía participou no Encontro C2C Conversaciones, un encontro para a aprendizaxe e o intercabio entre diferentes persoas que traballamos na promoción da economía social e solidaria, organizado por REAS. Neste enlace están a disposición os materiais e conclusións do encontro, que queremos compartir con vós: http://emprendes.net/c2c/  

Declaración final do Foro de Metodoloxías Participativas

Cidadania participou no Foro de Metodoloxías Participativas celebrado en Madrid entre os días 22 e 24 de abril de 2016. Como conclusión deste Foro emitiuse a seguinte declaración colectiva: Reunidas case 400 persoas profesionais e activistas que usamos as metodoloxías participativas nos estados portugués e español, durante os días 22 a 24 de abril de […]

Novos cursos «Educar en cooperativismo»

A UCETAG ten entre as súas liñas de acción a promoción do cooperativimo e os seus valores cara á infancia. Habilidades relacionadas coa cooperación, a resolución de conflitos, a igualdade e a toma de decisións en común deben ser traballadas desde infantil e primaria. En secundaria, o coñecemento das cooperativas e experiencias próximas permite coñecer […]

Foro de Metodoloxías participativas

Como parte da Rede CIMAS (www.redcimas.org) , Cidadanía quere trasladarvos a información sobre o Foro de Metodoloxías Participativas que celebraremos en Madrid os días 22 a 24 de abril de 2016. O encontro articúlase en talleres de traballo en común, que permitan reflexionar, compartir e repensar os procesos participativos cos que traballamos desde diferentes entidades. […]

Reeditamos os cursos de Asembleas e reunións

Para aquelas persoas que participan en numerosas xuntanzas, a UCETAG organiza un ano máis o curso ‘Asembleas e reunións’, dentro da programación de actividades da Rede Eusumo. Este curso gratuíto é unha oportunidade para reflexionar sobre o funcionamento das nosas asembleas e reunións e coñecer métodos prácticos para melloralas. Os contidos recollen a traxectoria de […]

Diagnose Desigualdades para Santiago de Compostela

Cidadania desenvolveu para a Concellería de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela a Diagnose Desigualdades, a cal foi presentada o 21 de xaneiro. Podedes ver unha síntese da mesma no seguinte enlace: Diagnose_Desigualdades_Compostela A diagnose combinou elementos de análise cun proceso de participación coas  entidades e colectivos de mulleres da cidade. Máis de 50 […]