Atadeiras: a gobernanza das redeiras da Guarda
Onte a nave de redes da Guarda acolleu unha xornada comunitaria liderada polas redeiras, que compartiron coas persoas asistentes os resultados do proxecto Atadeiras. O espazo daba comezo coa benvida por parte do Concello da Guarda e o GALP Ría de Vigo – A Guarda, financiador do proxecto.
As redeiras contextualizaron a necesidade de poñer en marcha este proxecto e os seus obxectivos, para pasar a facer un percorrido polas actividades realizadas ao longo do 2025 e 2026:
- creación da páxina web redeirasatalaia.es
- recursos audiovisuais para proxectar na sala polivalente a visitas
- un espazo expositivo que acompaña o relato da traxectoria da asociación e os seus valores (sostibilidade ambiental, igualdade, sector pesqueiro artesanal)
- elementos artesanais confeccionados con técnicas tradicionais e mobiliario con redes de pesca recuperadas
- programa formativo no que reforzar as capacidades individuais e colectivas
- melloras na nave de redes para sacar o maior partido dos espazos (balcón)
- máquina carga agullas, promovendo a innovación e mecanización



Un oficio que paga a pena coñecer da voz das propias redeiras, animámosvos a botarlle un ollo á súa páxina web!
