Protocolo de coordinación inter institucional contra a violencia machista
O Concello de Avión elabora un protocolo municipal para a coordinación entre axentes que interveñen nos procesos de intervención en situacións de violencia de xénero. O centro de saúde, o ámbito educativo, as forzas e corpos de seguridade, servizos sociais e ámbitos comunitarios municipais, baixo a coordinación do CIM, trazaron itinerarios que reforzan a coordinación e preven situacións que se poden dar no territorio, fortalecendo a resposta institucional que garantan a atención integral e coordinada ás mulleres e ás suas fillas e fillos.
