Guía de recursos para as familias

Xunta de Galicia. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Secretaría Xeral de Igualdade. 2008 Nesta guía recollense os principais recursos destinados á mellora das condicións de vida das familias por parte das Administracións e entidades sociais. Os recursos recollidos abranguen as prestacións, permisos e excedencias, beneficios fiscais, plans e programas, ou vivenda. Para cada un deles faise unha descrición da súa natureza, entidades prestadoras, así como unha breve explicación de como hai que xestionalos por parte das familias.