Organizarnos en equipo
O obxectivo destas guías promovidas por Solidariedade Internacional de Galicia é afondar na cultura participativa, a través da mellora das capacidades para a organización democrática e a dinamización de procesos de participación social. Esta quinta guía céntrase en como organizarse de modo democrático e vai dirixida ao alumnado de secundaria. Aborda as ferramentas de traballo en equipo e as dinámicas de participación, a través dunha proposta de exercicio colectivo de busca de coñecemento e reflexión en común.