Acompañamos aos GALP galegos na difusión do período FEMPA

A Consellería do Mar publicou as bases reguladoras das axudas baixo o período de fondos FEMPA. Acompañamos aos Grupos de acción local do sector pesqueiro en Galicia na súa difusión, a través de xornadas técnicas, encontros informativos e posta en común de experiencias de éxito no período anterior.

Comezan os túnel dos viños das IXPs de Galicia

As Indicacións Xeográficas Protexidas do viño galego teñen o obxectivo de impulsar o sector vitivinícola, establecendo canles de comunicación e cooperación entre elas e, ao tempo, favorecer o coñecemento dos produtos que elaboran as adegas, así como dos recursos enoturísticos que os rodean.

O Sal do Mar: obradoiro de comunicación e liderado das mulleres do mar

O Sal do Mar é un programa promovido polo GALP Ría de Arousa. Mediante xornadas de formación e información arredor de temáticas de interese das mulleres do mar, dase a coñecer ao Grupo de Acción Local do sector pesqueiro como ferramenta para o desenvolvemento económico da zona costeira.