Quen somos
Armando Broz Fidalgo
Tras estudar Ciencias Políticas e da Administración, especializouse en Estudos de mercado e opinión. Armando ten dirixido e coordinado proxectos de investigación de corte cuantitativo e cualitativo. Deseña procedementos loxísticos do traballo de campo e fai análise de información. En relación con isto, desenvolveu accións de planificación e investigación aplicada en diversos ámbitos como o cultural, as novas tecnoloxías ou a formación e o emprego.
Armando escoita música dream pop e rock gótico. Adora a literatura rusa do XIX e o cinema negro americano clásico. Naceu e vive en Santiago, se ben a súa infancia transcorreu en Melide.
Rosa Muñiz Castro
Rosa estudou Ciencias Políticas, especializándose en Administración Pública. Coordina procesos de participación cidadá, dinamización e deseño de programas de carácter estratéxico. É experta na análise e planificación de políticas públicas no ámbito da igualdade e no desenvolvemento local, e tamén na formación para a educación en cooperativismo.
Criada entre Galicia e Asturias, vive desde os 14 anos en Compostela, cidade que fixo súa participando na vida de barrio (San Pedro). Gosta do mar e do monte por igual, de divertirse cos seus fillos e estar na compaña das súas amigas.
Jesús de la Fuente Blanco
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, a especialidade de Suso é a de Administración Pública. Dirixiu e coordinou procesos de planificación e desenvolvemento estratéxico, así como proxectos de investigación social de carácter cualitativo e cuantitativo. É especialista na análise e a elaboración de informes e na coordinación de traballos de campo.
Do rural compostelán, da Susana de toda a vida, Suso é un home de mundo, disposto e habilidoso para calquera traballo manual que se lle presente.
Ana González García
Licenciada en psicoloxía e especializada en intervención social, Ana desenvolveu a súa experiencia laboral no ámbito da infancia e na intervención comunitaria dende a perspectiva de xénero. Participou como técnica en procesos de participación cidadá, apoio ao asociacionismo entre mulleres, e na avaliación de programas de carácter estratéxico.
De volta en Galicia despois dun tempo fóra, é probable que se paseas por Mondariz a atopes lendo ou facendo fotos polas beiras do río.
Luís García García
Luís licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración, na especialidade de Administración Pública, e neste campo traballou como analista de políticas públicas (a nivel local e autonómico). Dirixiu procesos de planificación e desenvolvemento estratéxico e de intervención sociocomunitaria. Ten coordinado proxectos de investigación, participación e planificación orientados ao desenvolvemento sostible.
Nacido en Antas de Ulla, Luís é un gran coñecedor do rural galego, por onde pasea sempre que pode. Gosta de andar en bici e de practicar deporte.