Algúns dos servizos que ofrecemos teñen que ver coa investigación social aplicada, a consultoría pública, a innovación democrática, a formación e a dinamización sociocultural, o desenvolvemento local, a implantación de sistemas innovadores de xestión organizativa, a promoción da participación cidadá e o fortalecemento do tecido asociativo, así como todas aquelas aplicacións das ciencias sociais que redunden na mellora da calidade de vida do conxunto da sociedade.

Somos un equipo multidisciplinar de profesionais do ámbito das ciencias sociais que aposta pola democracia participativa buscando a articulación entre a investigación, a planificación pública, a xeración de capital social e a innovación desde os principios cooperativos.

As nosas accións preferentes veñen desenvolvéndose na dimensión comunitaria e pública da realidade social.

Temos traballado no deseño e desenvolvemento de iniciativas de economía social para a administración pública, con ONGs e co sector asociativo e veciñal.

Unha das nosas liñas de traballo é a de facilitar e habilitar a comunicación entre o tecido asociativo, o nivel técnico e o nivel político.

Aspiramos a que o froito do noso traballo, máis aló do éxito dunha iniciativa ou proxecto concreto, revertan de forma positiva e nun sentido amplo nos colectivos e no territorio, maximizando a utilidade social das nosas investigacións e intervencións.