Pesca saúde inicia a campaña nos centros de saúde!
Pesca Saúde entra nunha nova fase: arrancou a campaña de difusión nos centros de saúde galegos. Ao longo destes meses a actividade de Pesca Saúde trasládase ás rúas para difundir os beneficios dos bos hábitos saudables e o consumo de peixe e mariscos procedentes da pesca costeira artesanal.
Ao longo destes meses estaremos nos concellos de costa co posto de Pesca Saúde. E iso que significa?
- Podes informarte da campaña
- Levarte o receitario con propostas con peixe e marisco para replicar na túa casa
- Probar pinchos de degustación elaborados por hostaleiras e hostaleiros locais
- Conseguir bonos desconto para consumir nas prazas de abastos e peixerías locais

Ademais, comezan as xornadas técnicas nos territorios, onde profesionais da saúde compartirán coa cidadania saberes relacionados cos produtos do mar e a saúde. Comezamos en Moaña este venres!

