Avaliación do Plan Estratéxico do Cooperativismo

Xunta de Galicia. Conselleria de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Relacións Laborais. 2011. Para realizar a avaliación do primeiro Plan Estratexico do Cooperativismo tomáronse en consideración tanto as fontes de información de carácter documental e estatístico como as achegas de persoas e entidades do sector, co obxectivo de conseguir unha radiografía do grao de execución das medidas propostas e o seu impacto no desenvolvemento do sector cooperativo. As suxestións e recomendación plantexadas nesta avaliación serviron como referencia para artellar novas medidas e programas destinadas ao cooperativismo.