IV Plan de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela
Neste documento, construído dun xeito participativo, se plasman as liñas, obxectivos e medidas principais a desenvolver na política municipal do Concello de Santiago de Compostela. O proceso participativo reuniu a persoas pertencentes a asociacións e colectivos de mulleres, persoal político e técnico do concello, e mulleres a título individual. Mediante mesas de traballo acordáronse distintas medidas que guiarán as actuacións políticas en materia de xénero.