Promover a participación dentro dunha organización

O obxectivo destas guías promovidas por Solidariedade Internacional de Galicia é afondar na cultura participativa, a través da mellora das capacidades para a organización democrática e a dinamización de procesos de participación social. Esta segunda guía céntrase na participación dentro das organizacións. Aborda as canles de participación e as dinámicas de participación, presentando metodoloxías de traballo para afondar no funcionamento democrático de todas elas.