As TICs nas democracias participativas, Conferencia Internacional

Neste enlace ofrécese información que consideramos de alto interese sobre a celebración da XIª Conferencia sobre Democracias Participativas, que se centra na temática “Novas tecnoloxías e participación cidadá. Sociedade civil e instrumentos de participación”, que vai celebrarse en LLeida entre o 6 e o 9 de abril de 2011.

http://www.lleidaparticipa.cat//index_web.php?ap=czo3OiJwb3J0YWRhIjs=&idw=czozOiIxNTkiOw==&idi=czozOiJjYXQiOw==

Bolsa da Fundación Caixanova para o Proxecto E-Cidadania

O pasado 13 de decembro de 2010 incorporouse ao noso equipo Oscar Carballal, como bolseiro da Fundación Caixanova para colaborar no proxecto de innovación E-Cidadania. Xa estamos obtendo moi bos resultados da súa colaboración, e presentaremos un propotipo da ferramenta de participación on-line nos próximos meses.

DIAGNOSE COMUNITARIA DE TEIS

O Plan Comunitario de Teis vén de Publicar os resultados da Diagnose Comunitaria realizada durante os anos 2009 e 2010, na que tivo a oportunidade de colaborar Cidadania.
O elemento diferenciador deste estudo é o seu carácter participativo e activo, sendo un exemplo de aplicación da metodoloxía do desenvolvemento comunitario e da investigación-acción-participativa.
Pilotado polo propio Plan Comunitario, que aglutina ás asociacións e colectivos do barrio así como a oficinas públicas como a de servizos sociais, centros de ensino, etc., identificou aos colectivos menos vertebrados ata o momento, incorporándoos ao traballo cotía do Plan: inmigración, xuventude e étnias minorizadas.
Identificou as principais problemáticas do barrio e organizou diversos foros de participación para a proposta de programas e solucións.
A diagnose foi presentada o pasado mes de decembro no auditorio de Teis.