e-cidadania en Lleida

Cidadania vén de presentar na Conferencia Internacional sobre Participación e novas tecnoloxías, a ferramenta e-cidadania. A Conferencia, organizada polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa, foi lugar de encontro de diferentes experiencias de participación e diferentes ferramentas TIC ao servizo da mesma.

Establecimos contacto con diferentes equipos de Brasil, Portugal, e sobre todo da propia Cataluña, así como Madrid, Sevilla, Euskadi, Aragón… Volvemos coa idea máis reforzada sobre a oportunidade e a necesidade de e-cidadania. Se queredes ter máis información sobre a ferramenta, podese consultar aquí: http://ecidadania.org e tamén en http://demo.ecidadania.org