Cursos de “Asembleas e reunións” e “Regulamento interno”
Estes cursos, organizados por Espazocoop e impartidos por Cidadanía, comezarán o 14 de febreiro e o 1 de marzo, respectivamente, baixo un formato mixto: formación en liña con dúas sesións presenciais cada un deles. Son de balde.
Se queredes mellorar o desenvolvemento das vosas reunións e asembleas e se queredes pautar a organización interna das vosas cooperativas, esta é unha boa oportunidade.
Máis información e inscricións aquí.