Actualidade

Xornadas provinciais de impulso ás Mesas de coordinación contra a violencia machista
A Secretaría Xeral da Igualdade desenvolve dende o ano 2018 distintas iniciativas para impulsar a coordinación inter - institucional entre axentes que interveñen en procesos de violencia de xénero. A finais do ano 2022, dende Cidadania apoiamos na organización de catro xornadas provinciais, nas que participaron arredor de 90 profesionais de perfil técnico…

En compañía, chegamos moito máis lonxe.
A intercooperación é un dos valores cooperativos que implican tecer rede entre persoas e entidades afíns. Como din os nosos benqueridos Ana Lorenzo Vila e Antón Insua López, intercooperar é reinventar a economía. Compartimos este vídeo de Coop57 Galicia no que coñecemos distintos proxectos que poñen en valor a importancia da intercooperación entre…

Suma con Coop57
Cidadania sumámonos ao reto de Coop57!
Para seguir dando impulso a proxectos únicos, necesarios e transformadores, Coop57 pon en marcha esta campaña co obxectivo de equilibrar o crecemento dos recursos económicos. O gran reto consiste en que as persoas e entidades que xa somos socias aumentemos os nosos aforros con Coop57 e, tamén, apoiar a Coop57 a sumar…

Diversiplás: + diverso - plástico
Na Costa da Morte sitúase un proxecto que da unha segunda vida aos plásticos: Diversiplás + diverso - plástico. Esta iniciativa, coordinada pola Asociación Íntegro e financiada polo GALP Costa da Morte, teceu unha rede de entidades colaboradoras entre entidades do sector pesqueiro (confrarías, agrupacións de marisqueo a pé e asociacións de redeiras),…