Actualidade

Inaugurouse o espello do faro en Burela

Esta iniciativa xirou arredor da recuperación do patrimonio material e inmaterial pesqueiro de Burela. O elemento principal é o molde do faro Pena Burela, reparado e instalado no paseo da Marosa. A pé de mar albérganse testemuñas, saberes e sensacións plasmadas pola obra artística “La piel del Mar” de David Catá.

Nace Ostras do Ártabro!

Este proxecto conxunto das confrarías de Pontedeume e Barallobre procura fomentar o consumo en fresco e a conserva artesanal da ostra rizada, unha especie en auxe na zona que é preciso poñer en valor