Apuntes para desenvolver procesos de participación cidadá
A dinamización de procesos de participación cidadá, e a aplicación de metodoloxías participativas ligadas ao deseño de políticas públicas, constitúen unha das principais áreas de traballo de Cidadania.
Falar de procesos de participación cidadá nas políticas públicas require de determinadas características que non sempre se dan en todas as prácticas autodenominadas participativas, polo que convén coñecer determinados conceptos e escenarios facilitadores para poder desenvolver con garantías este tipo de procesos.
Desde Cidadanía queremos compartir con vos determinados aspectos a ter en conta no deseño de experiencias de participación cidadá. Comezamos por un texto que fai referencia ao significado da participación cidadá, así como aos factores que convén ter presentes á hora de levar adiante este tipo de procesos. Para ver este documento preme aqui:
Notas_participación (en galego)
Notas_participación (en español)