Aula Sostible Outeiriños

A rede de colaboración entre entidades da Costa Sostible vai medrando!

Como ben sabedes, a Aula Sostible do Freixo consolídase na Ría de Muros-Noia como espazo de promoción da economía circular, onde asociacións de persoas con diversidade e mulleres do mar xuntan forzas e creatividade para converter plásticos dos areais e do noso día a día, en pezas de utilidade para o sector pesqueiro.

Neste 2024, co apoio do GALP Costa Sostible, nace a Aula Sostible dos Outeiriños no Concello de Muros…e xa estrearon actividades! A asociación de redeiras Illa da Estrela de Corme impartiu obradoiros de artesanía empregando redes de pesca, onde ADISBISMUR, a asociación de mulleres do mar Ría de Muros-Noia Costa Sostible, e MISELA, puxeron en marcha a súa creatividade para continuar fortalecendo a sostibilidade do entorno.