Entries by armando.broz

Recibimos a axuda Impacto Autónomo

Este ano recibimos a axuda do programa Impacto Autónomo, concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e microempresas para facer fronte á situación económica xerada pola suba dos custos das materias primas e subministracións, que afectan e condicionan a actividade económica.

Tanza recibe o recoñecemento da Red Española de Grupos de Pesca

Tanza é un proxecto de cooperación desenvolto polos Grupos de Acción Local Galegos para o impulso da economía circular. A iniciativa, desenvolta en distintos territorios, puxo en conversa ao sector pesqueiro e ao ámbito da inclusión social, no impulso de iniciativas conxuntas que cristalizaron en #BurelaIN, Ártabro Norte Inclusivo, #Diversiplás, Aula Sostible do Freixo e AMECOMAR.

Participamos nas Xornadas Internacionais de participación, investigación – acción e desenvolvemento comunitario

A Universidade do País Vasco e o grupo de investigación Parte Hartuz organiza, entre o 26 e 28 de abril, as Xornadas Internacionais de participación, investigación – acción e desenvolvemento comunitario, unha cita á que non queríamos falta dende Cidadanía. A participación de poñencias referentes e os espazos de reflexión axudarán a identificar os retos […]

Seguimos tirando do fío? As entidades sociais e o sector pesqueiro como impulsores da economía circular

O pasado venres tivo lugar un novo encontro no marco do proxector VEN VER, que reuníu a distintas entidades de inclusión social e os Grupos de Acción Local do sector pesqueiro galegos, en Outes. A xuntanza desenvolveuse co obxectivo de retomar o contacto entre territorios, unha vez rematados os proxectos xurdidos a raíz do proxecto […]