Entries by armando.broz

Cooperativismo: sustentabilidade e innovación social

Cidadania participou neste encontro cun relatorio sobre como por en marcha unha cooperativa de servizos sociais. O encontro, organizado pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social,  celebrouse o venres 4 de xullo no Centro Agora da Coruña e contou coa presenza de numerosas cooperativas deste ámbito como Suara, El Orrio, Trabensol, Fundación COCOPE, Taller […]

II Seminario técnico proxecto Symbios

O pasado 19 de xuño celebrouse no Museo do Pobo Galego o II Seminario técnico do proxecto Symbios, organizado pola Dirección Xeral de Familia e Inclusión e coordinado tecnicamente por Cidadania. Neste seminario analizáronse diferentes iniciativas de ámbito europeo que traballan pola inclusión social de territorios en declive demográfico. Cidadania desenvolveu dinámicas de participación activa […]

Participación no programa Coopera+

O pasado día 5 de xuño, Cidadania participou nas xornadas “Unha oportunidade en tempos de crise. emprende cooperativas”, no marco do programa Coopera+ e organizado pola Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social Foi o noso xerente, Antón Insua, o que fixo unha breve exposición da orixe e evolución de Cidadania como experiencia de éxito, […]

Colaboración coa Rede CEDIM

Cidadania, xunto con Lilith, xestión social e educativa, vai deseñar o plan de dinamización dos centros CEDIM, co obxectivo de favorecer a innovación e a máxima eficiencia nas dinámicas de traballo dos centros, xestionados pola Secretaria Xeral da Igualdade. A Rede Cedim é un proxecto transfronteirizo, Galicia-Norte de Portugal, financiado pola Unión Europea e que […]

E-Cidadania en Google Summer of Code

En agosto finalizou a edición 2012 do Google Summer of Code. Como sabedes, o proxecto e-cidadania, a aplicación de código aberto para a participación cidadá, contou grazas a Google coa colaboración de catro estudantes e tres titores dos seguintes países: India, Macedonia, Francia, España, Brasil e Perú. Os resultados do traballo foron moi tanxibles e […]

Estudo para as Bodegas Marqués de Vizhoja

Cidadania vén de rematar un estudo de satisfacción para unha recoñecida firma de viños. A investigación consistiu en avaliar a recepción dos seus produtos a través da campaña publicitaria realizada por esta empresa no conxunto da poboación galega. Analizouse a imaxe transmitida pola anuncios televisivos e o seu impacto na imaxe dos produtos. O desenvolvemento […]

Cidadania participa no Encontro Internacional Cooperativo

Cidadania participou no Encontro Internacional Cooperativo celebrado en Santiago baixo o lema “As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor”. A través dun Stand na Mostra Cooperativa, tivemos ocasión de presentar os nosos servizos e identidade como cooperativa de traballo. Durante os tres días do Encontro, cooperativistas de distintos países presentaron as súas experiencias […]