Participación no programa Coopera+
O pasado día 5 de xuño, Cidadania participou nas xornadas “Unha oportunidade en tempos de crise. emprende cooperativas”, no marco do programa Coopera+ e organizado pola Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social
Foi o noso xerente, Antón Insua, o que fixo unha breve exposición da orixe e evolución de Cidadania como experiencia de éxito, diante dun auditorio composto fundamentalmente por estudiantes de económicas, persoas recén licenciadas e axentes de emprego.
Tivo a honra de compartir mesa con outras dúas cooperativas amigas, Milhulloa e Seragro, así como a entidade asociativa UGACOTA.