Nace Ostras do Ártabro!

Este proxecto conxunto das confrarías de Pontedeume e Barallobre procura fomentar o consumo en fresco e a conserva artesanal da ostra rizada, unha especie en auxe na zona que é preciso poñer en valor

Mariscando conCiencias para el futuro: comezamos!

O proxecto, financiado pola Fundación Daniel y Nina Carasso, trata de imaxinar e construír futuros sostibles poñendo en común miradas diversas. Neste caso colaboraremos artistas, persoal investigador, mariscadoras a pé, e o Concello de Redondela, coa vista posta na enseada de San Simón.