Curso Experto Universitario en Xestión Cultural USC
O venres 17 de outubro impartimos a sesión sobre técnicas de investigación social no Curso Experto Universitario en Xestión Cultural organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
A sesión desenvolveuse con prácticas e dinámicas de participación activa e nela cuestionamos o concepto de necesidade, practicamos técnicas de análise cuantitativa e cualitativa, e experimentamos coa investigación acción-participativa.
As 28 persoas inscritas no curso traballaron en grupo aplicando as diferentes metodoloxías ao seu proxecto. O interese amosado por todas elas fíxonos gozar moito desta sesión.