En compañía, chegamos moito máis lonxe.

A intercooperación é un dos valores cooperativos que implican tecer rede entre persoas e entidades afíns. Como din os nosos benqueridos Ana Lorenzo Vila e Antón Insua López, intercooperar é reinventar a economía. Compartimos este vídeo de Coop57 Galicia no que coñecemos distintos proxectos que poñen en valor a importancia da intercooperación entre cooperativas. 👇👇👇