Metodoloxías nos procesos de participación cidadán
Continuamos coas nosas nostas sobre participación cidadá achegándovos certos aspectos metodolóxicos que convén ter en conta no deseño de procesos participativos. Tan importante como establecer os obxectivos, a planificación do propio proceso ou a súa estratexia de comunicación, son as ferramentas e metodoloxías de traballo sobre as que se vai artellar a experiencia.
Tendo en conta os diferentes espazos e niveis de decisión sobre os que se deseña o proceso, convén ter claros as dinámicas de traballo, adaptándoas ao perfil diferentes dos colectivos e persoas participantes así como aos obxectivos ou resultados perseguidos. En función da fase de traballo (de diagnóstico, conformación de comisións de traballo, deseño de propostas, priorización…), empregaremos e adaptaremos aquelas ferramentas que resulten máis acaidas ao proceso.
En todo caso, convén que as metodoloxías que empreguemos fomenten a participación de todas as persoas e sexan facilitadoras da xeración e ordenación de debates.
Para máis información pinchar aquí: