O CESGA pon en marcha a enquisa de produción científica
O Centro de Supercomputación de Galicia ten como finalidade contribuír ao avance da ciencia e a técnica mediante a investigación e a aplicación da computación e de comunicacións de altas prestacións para o beneficio da sociedade.
Cada ano, o CESGA realiza unha enquisa ao persoal científico e investigador sobre o uso dos servizos de supercomputación, para acceder ao impacto que ten o Centro no apoio á investigación. Grazas a esta enquisa, coñecemos a cantidade de horas empregadas nos servizos, aquelas áreas científicas que máis utilizan o Centro de Supercomputación, ou a cantidade de proxectos nos que o CESGA contribúe como servizo público.
Podedes consultar os resultados dos informes anuais anteriores premendo aqui. E informarte da labor dun centro público de supercomputación. Ilustramos este post co mural realizado por Yoseba MP nun encargo do CESGA, e que fai referencia á computación cuántica!