Orzamentos participativos A Coruña

Durante o período que vai de abril a setembro estaremos coordinando o proceso de dinamización dos Orzamentos Participativos no concello da Coruña. Os Orzamentos Participativos son unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu Concello.

A cidadanía propón proxectos de gasto que son preseleccionados nunha fase de apoios cidadá, logo son avaliados polo persoal técnico do Concello e, finalmente, chegan a unha fase de votación final. Os proxectos máis votados pola cidadanía pasan a formar parte do proxecto inicial do Orzamento Xeral do ano seguinte.

Nesta edición vanse destinar 3 millóns de euros, 1 millón para toda a cidade e 2 millóns de euros repartidos equitativamente entre os 10 distritos que a conforman (200.000 euros para cada distrito).

Podedes aumentar a información sobre este proceso no seguinte enlace:

aportaaberta.coruna.es